100.000 préstamos despois

100.000 PRÉSTAMOS DESPOIS….
Na biblioteca escolar estamos de celebración, pois hai uns días superamos as 6000 visitas ao noso blog e a marca dos 100.000 libros prestados. Cunha media de máis de 5000 libros prestados por curso, queremos dar as grazas a tódolos usuarios da biblioteca e a tódolos que desempeñaron o labor de bibliotecario, comezando polo actual: Santi, pero tamén lembrando a tódolos seus predecesores: Silvia, Carmiña, Andrés, Hugo e Marta.
E para festexalo do 22 ao 26 de outubro celebraremos a Semana das Bibliotecas Escolares, na cal nos centraremos en dar a coñecer os diferentes usos que ten este espazo.
Así mesmo, neste curso estableceremos dúas categorías para os Premios á Clase máis Lectora e a o Alumno máis Lector.
CATEGORÍA A: 1º e 2º Primaria.
CATEGORÍA B: De 3º a 6º Primaria.

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES! FELIZ 24 DE OUTUBRO!
 

Categoría: