Galerías de imágenes

Visita a Cabo Home

A clase de Science fíxose en Cabo Home o 28 de abril.
Armados cunha caixa de zapatos e moitas ganas de aprender, os alumnos de 4º de PRI saíron do cole rumbo a Cabo Home, onde lles esperaban un bosque cheo de especies autóctonas e praias paradisíacas para observar, desfrutar e recoller mostras. Coas caixas cheas de follas de pinos, carballos, fentos... elaboraron un caderno de explorador.
Con esta actividade remataban as sesións dedicadas ás plantas nas clase de Science.
“Deberíamos ter máis clases coma esta!” Dicían todos.