Galerías de imágenes

Visita do Celta feminino de baloncesto

O xoves 22 de setembro visitounos parte do equipo de baloncesto feminino do Celta Zorka de Vigo. Falamos con elas de deporte, invitáronnos a ver un partido e... puidemos xogar cunhas auténticas profesionais do basket! Xogan moi ben e son moi simpáticas. Ó rematar sortearon varios agasallos. Grazas pola visita! E especialmente grazas ós adestradores Cristina e Nacho! Moitísima sorte no campionato!