Bocadillo Solidario

Estimadas familias:

Co desexo de sensibilizar na solidariedade internacional, dende hai varios anos vimos colaborando coa ONG "Solidariedade, Educación e Desenvolvemento" (SED) que, nacida nos colexios maristas de España, coordina e xestiona diversos proxectos de desenvolvemento en boa parte do mundo. O lema para este ano “A VERDADEIRA FELICIDADE NON CUSTA CARTOS” é unha invitación á reflexión.

O luns 16 de Abril entre as 13:15h. e as 15:00h., profesores e alumnos do noso colexio celebraremos xuntos a “Festa da Solidariedade”. Aproveitamos estas liñas para agradecer a ARUME a súa colaboración, e animámosvos a motivar aos vosos fillos para que colaboren nesta actividade colexial que servirá ademais para financiar parte do proxecto de becas escolares en Honduras ("Horizontes al futuro"), que se enmarca dentro do plan de actuacións de SED para mellorar a educación e as oportunidades dos rapaces neste país. Confiamos que esta proposta solidaria sexa do voso agrado. Agardando a vosa colaboración, recibide un cordial saúdo.

Comisión de Solidariedade Colexial.