Galerías de imágenes

MarCha despide o ano

Que ben o pasaron os rapaces e rapazas de MarCha o pasado venres día 16. Pola tarde, gozaron dunha “Gymkana de Nadal” onde tiveron que crear panxoliñas, recitar refráns comendo polvoróns, poñerlle o rabo ó burro, etc.
Despois tiveron unha celebración na cal tiñan que compartir un momento polo que dar grazas e algún desexo para o próximo ano.
Ó finalizar, baixaron ó comedor a gozar dunha riquísima merendola con: chocolate, turróns, mazapáns, etc.
Esperamos que gozarades desta tarde.
Dende a Asociación MarCha vos desexamos un bo Nadal e feliz ano novo.

Vémonos nas seguintes actividades!