CONCURSO DÍA DO LIBRO

Xa queda menos para o 23 de abril. Para conmemorar esta data tan destacada animámosvos a participar no Concurso do Día do Libro. Os temas das obras deben estar relacionados coa Idade Media, poderán estar escritos en castelán, galego ou inglés e presentaranse desde o 23 de abril ata o 17 de maio na biblioteca do centro.
Para participar no concurso referido, os formatos das composicións serán os seguintes:
1º e 2º Primaria: poemas de temática ou ambientación medieval.
Desde 3º ata 6º Primaria: contos ou lendas orixinais ambientados nesa época.
ESO: romances, cantares de cego ou cantigas medievais.
Como agasallo para os vencedores, obteredes dúas entradas de cine para usar na Praza Elíptica cun paquete de flocos de millo. ANÍMATE A PARTICIPAR!!!!
 

Categoría: