Departamento Orientación

O Departamento de Orientación do Colexio El Pilar, está formado por un equipo humano con diferentes roles profesionais (Orientador, especialista en Pedagoxía terapéutica e especialista en Audición e Linguaxe), que interveñen baixo o encadre dun modelo de programas, é dicir, planificando as súas intervencións a partir dun diagnóstico previo de necesidades.

Pomos especial coidado no manexo técnico das diferentes necesidades, pero o máis sobranceiro do noso traballo son os contextos de       contención afectiva que ofrecemos ós alumnos e ás familias, con absoluta    dispoñibilidade profesional para ser copartícipes en procesos que requiran da nosa implicación.

A nosa filosofía baséase no modelo de prevención da OMS, con tres niveis de intervención:

• Primaria: no que se tenta previr as dificultades.

• Secundaria: detectando dificultades en estadios temperás nos que o establecemento das medidas axeitadas poida facilitar a extinción das mesmas.

• Terciaria: Inclúe as medidas dirixidas ao tratamento e reeducación das dificultades para mellorar a súa evolución e, con elo ralentizar o empeoramento de complicacións e discapacidades, intentando mellorar a calidade de vida dos alumnos.

Poñer en marcha procesos de peneirado, permítenos detectar e identificar alumnos con necesidades nestes ámbitos, ao igual que nos do desenvolvemento atípico, dificultades de aprendizaxe ou precocidade cognitiva. O obxectivo deste procedemento é detectar as necesidades destes alumnos e ofrecerlles un curriculum significativo.

No proceso de valoración de necesidades, empregamos metodoloxías convencionais e procedementos innovadores que complementan os clásicos, co propósito de deseñar intervencións máis eficientes:


 

 

En Educación Infantil, somos especialmente sensibles no seguimento do desenvolvemento das diferentes funcións neurolóxicas, así como dos diferentes sistemas sensoriais dos nosos alumnos , xa que son variables que conxuntamente, coas afectivas, condicionan de xeito nuclear a aprendizaxe e seguridade persoal dos nenos e nenas.

 

En Educación Primaría, e dada a gran heteroxeneidade no grao de madurez dos rapaces e rapazas nos primeiros cursos da etapa, coidamos de adaptar o curriculum e a estrutura de aula e colexio ao seu desenvolvemento. O colexio ten que converterse nunha referencia afectiva positiva nas súas vidas. Esta sementeira de afectos e accesibilidade curricular favorecerá a motivación por asistir o colexio, e mesmo as ganas de aprender.

Durante a etapa de primaria e en diferentes niveis, pomos en marcha procesos de peneirado nos ámbitos; curricular, cognitivo, afectivo e social coa finalidade de detectar, identificar e profundar na valoración das necesidades dos alumnos, o que posibilitará deseñar e desenvolver programas de intervención específicos para cada alumno.

"Un programa para un neno e non un neno para un programa"
 

 

Na Educación Secundaria pomos especial coidado na esfera afectiva, xa que o proceso biolóxico que están atravesando por cuestión de idade, require un especial coidado. Existe un modelo de acompañamento e consello en diferentes parcelas que se realiza ao longo dos 4 niveis da etapa.

Os obxectivos de finalidade cos que traballamos son:

- Medir os resultados baseándose nos resultados individuais de cada quen , e polo tanto axudar os alumnos a conquerir a capacidade de axustar expectativas, niveis de rendemento, capacidade de planificación e autonomía.

- Desenvolver programas de HHSS e de relación, fundamentais para o mundo que lles tocar vivir.

- Acompañar aos alumnos no proceso de toma de decisións académicas e profesionais, para que sexan o máis acordes coas súas capacidades cognitiva e persoais.
 

 

Transversalmente e o longo de toda a escolaridade dos nosos alumnos, velamos de xeito escrupuloso polos dereitos da infancia, aplicando con firmeza os procedementos deseñados a tal fin, coa finalidade de garantir a protección dos menores en risco.

Así mesmo, o Dpto. de Orientación participa activamente na sensibilización, dinamización e posta en práctica da aprendizaxe de valores , xa que este é un eido identitario da comunidade marista.

"Celebrar a diversidade, crear comunidade"