Galerías de imágenes

Paso de Etapa

En MarCha encántanos celebrar! 

O pasado venres día 27 celebrouse no noso colexio o Paso de Etapa. Nesta celebración lévase a cabo a entrega dos diferentes símbolos de cada etapa: á Etapa Amanecer un pote,a Aventura un mosquetón, a Camino un diario e a Fuente un colgante. Cada un destes símbolos están, sen dúbida algunha, moi relacionados coa Etapa que corresponde. 

Ademáis durante a celebración Manuel Alvite pronunciou unhas verbas explicando que é MarCha para el. Despois cantouse o "Tu serás hoy Champagnat" e como sorpresa final todos os marchosos gozaron dunha sabrosísima tarta.

Vémonos nas seguintes actividades!