Galerías de imágenes

Despedindo o curso en MarCha

O pasado venres día 16 celebrouse a última actividade MarCha do curso. Nela participaron todos os rapaces e rapazas das estapas de Amanecer, Aventura, Camino e Fuente.

Comeron todos xuntos no xinmasio, despois fixeron unha bonita pulseira e viron un pequeno vídeo con imaxes do curso. Para acabar, dirixíronse á capela dos Irmáns Maristas e celebraron todos xuntos o pertencer a Marcha e á etapa da que forman parte.

Desde o Equipo Marcha desexamos que gozásedes moito deste ano.
Vémonos nos campamentos!