Galerías de imágenes

Actividade Aventura-La Música

O pasado venres día 18 os MarChosos da Etapa Aventura tiveron a súa primeira actividade no colexio. 

Monitores e rapaces comeron todos xuntos no ximnasio e ó rematar foron o salón de actos para facer varias dinámicas antes de empezar a traballar co centro de interese desta etapa: "A Música".

Despois de facer os xogos, escucharon varias cancións. Das catro cancións, tiñan que escoller unha delas, pensar por qué motivo a elexiron e que lles aporta a música á vida. Unha vez escoitada as catro cancións compartiron en grupo grande a súas inquedanzas sobre a música. Sen dúbida algunha, gozaron dunha tarde en boa compañía.

Vémonos na seguinte actividade do día 2 de Decembro.

Saúdos!