Galerías de imágenes

Gymkana no Casco Vello

Que ben o pasamos o venres 2 de decembro!

Os nenos e nenas da etapa Aventura gozaron dunha actividade moi especial no Casco Vello da nosa Cidade. Despois de comer todos xuntos no colexio, baixamos á Praza da Constitución para comenzar a proba.

Nela tiñan que ir adiviñando, indagando ou preguntando sobre diferentes temáticas para poder resolver correctamente as preguntas dadas. Aquel equipo que tivera máis probas correctas gañaba a proba.

Gozamos dunha boa tarde de ocio e tempo libre.

Un saúdo.

Vémonos nas seguintes actividades!