Galerías de imágenes

O castro

O pasado venres día 10 de Marzo os rapaces da Etapa Aventura gozaron dunha estupenda tarde.

Antes de nada comeron todos xuntos, compartindo como sempre algunha lambonada.

Despois tiveron que contar as escaleras de subida ao Castro, localizar os cañóns de entrada, buscar o nome de diferentes árbores, e incluso aprender a bailar un novo baile para a Xuntanza.

Sen dúbida algunha, o pasaron moi ben.

Vémonos na Xuntanza!