Galerías de imágenes

ADM (Actividades Deportivas MarCha)

O pasado venres os rapaces e rapazas de 3º da ESO gozaron dunha tarde chea de actividades físicas-deportivas.

A etapa de Aventura ten como centro de interés o ADM (actividades deportivas marcha) nas cales se quere fomentar a importancia de levar unha dieta equilibrada e facer exercicio físico. Para iso, viron un pequeno documental e analizaron a súa dieta. Despois gozaron de diferentes xogos como: o kingball, o baloncesto, baile, etc. Para rematar levouse a cabo una relaxación e entregáronse os trípticos dos campamentos.

Vos esperamos nas seguintes actividades!