Premios extraordinarios de ESO

O pasado venres 19 de abril, nun elegante acto organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dous dos nosos exalumnos Diego Guerra e Lucía Navarro recibían (xunto a outros 38 rapaces galegos) un premio extraordinario de ESO ao esforzo e á superación persoal (Diego) e ao rendemento académico (Lucía). Trátase dun merecido recoñecemento a tarefa que levaron a cabo estes dous rapaces durante a súa etapa escolar no noso colexio. Sirvan esta liñas para recoñecer, con moito cariño, a valía persoal de Diego e Lucía. ¡Noraboa!

Categoría: