Resumo da Semana Solidaria

O día 16 de abril arrincamos coa semana solidaria no colexio.

A actividade inaugural foi a celebración do día do bocadillo solidario. Coma todos os anos houbo un grande seguimento por parte de alumnos e profesores. Galeria de imaxes do evento: http://www.maristasvigo.es/content/todos-en-el-cole-1

Este ano os alumnos de cuarto da ESO puxéronse ao mando da campaña. Fixeron a motivación e decoración previas, prepararon as instalacións e elaboraron os bocatas. Para ver o fruto do seu traballo decorativo: http://www.maristasvigo.es/content/todos-en-el-cole-2

Durante a semana os alumnos de todas as etapas investigaron sobre as obras de SED por todo o mundo e fixeron murais con toda a información que atoparon. Podedes consultar información sobre a ONG na súa páxina web: http://www.sed-ongd.org/

Os profesores tamén tiveron o seu momento cun almorzo solidario con productos de comercio xusto durante o recreo.

Todo o recadado durante estes días irá destinado á obra educativa de SED en Honduras: Horizontes al futuro.  Podedes consultar información deste proxecto no seguinte enlace: http://www.sed-ongd.org/proyectos-en-honduras/

Moitas Grazas a todos!!!!

Categoría: