Semana da Biblioteca

Logo da visita ao Museo do Mar con motivo do regreso a Vigo do Pergamiño Vindel, con motivo do Día do Libro quixemos seguir instalados na mesma época, na Idade Media. Ambientados neste período, os rapaces de Infantil elaboraron un mural con princesas, dragóns e castelos mentres que en Primaria realizaron sopa de letras e encrucillados mentres quedaban sorprendidos cos manuscritos medievais realizados polo alumnado de Secundaria.. Mais, o que realmente lles gustou aos máis novos foi fotografarse no Castelo medieval creado para a ocasión.

Podedes ver a galeria completa de imaxes da actividade neste enlace

Categoría: