Galerías de imágenes

Magosto

Novembro xa está aquí, o frío intenta facerse paso e os rapaces e rapazas teñen moi claro o que quere dicir esa mestura... Ma-gos-to.

Si! Un ano máis, celebramos o Magosto Marista en Primaria.
Tarde de troula, de xogos populares, de lume, de castañas e chourizos (Cho-ri-pán! Cho-ri-pán!), de pintar a cara con carbón, de pasalo en grande cos amigos. E porque non dicilo... de encher o bandullo.
Viva o Magosto!