Visita ó Pergamiño Vindel

Durante todo o mes de xaneiro os alumnos do noso colexio, desde terceiro de primaria a cuarto de ESO, visitaremos a exposición: Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas.
É unha oportunidade única de coñecer de primeira man un dos documentos máis importantes das nosas letras no que Vigo, especialmente o seu mar, ten un papel protagonista.
Datado de finais do s. XIII, forma parte da lírica profana medieval galego- portuguesa. Está composto por sete cantigas de amigo, seis delas con notación musical, nas que o trovador Martín Codax trata a angustia dunha rapaza pola ausencia do seu amigo.
O seu descubrimento no 1914 foi debido ao azar xa que un comerciante de libros antigos, Pedro Vindel, o atopou na lapela dun exemplar do libro De officiis de Cicerón. Desde ese momento o Vindel viaxou por diferentes lugares ata a Morgan Libray & Museum de New York , onde descansa desde 1977.
 

Categoría: