Xunta de delegados

O pasado luns 26 de novembro foi un día moi activo no noso colexio xa que ademais das eleccións ao Consello Escolar tivemos tamén a IV Xunta de Delegados. É este un órgano colexiado de participación dos alumnos na vida escolar do centro ao estar integrada polo conxunto de delegados e subdelegados de cada un dos grupos desde 5º de Educación Primaria ata 4º da ESO.
Entre as súas funcións está suxerir e trasladar propostas ao Equipo Directivo, canalizar iniciativas que xurdan entre os alumnos, informar aos seus representantes no Consello Escolar dos seus problemas, fomentar a convivencia entre os alumnos e coidar da axeitada utilización do material e instalación do centro.

Trala benvida dada pola Directora, Susana Sánchez, os Xefes de Estudo, Julio Huerta (Educación Infantil e Primaria) e Sandra Iglesías (ESO), agradeceron o compromiso e asistencia aos delegados e subdelegados e comentaron con eles os avances dados nas propostas da reunión anterior.

Este ano fixeron tamén algunhas propostas interesantes relacionadas co bar, os patios, os baños, comedor, mantemento de dispositivos dixitais nas aulas, mobiliario escolar, deberes, fondo bibliográfico da biblioteca escolar, saídas complementarias e charlas informativas ás que trataremos de dar cauce a través das Comisións de Coordinación Pedagóxica e o Equipo Directivo.
 

Categoría: