O primeiro ciclo de Primaria fixo soar os nosos tambores na Festa da Reconquistiña. Pasadas as once da mañá iniciaban con paso firme o seu camiño pola Praza da Constitución, entre turistas, mentres os veciños asomábanse ós balcóns a aplaudirlles, baixada dende a Colegiata pola rúa Real que obrigou ós peregrinos a deter o seu camiño mentres os estandartes dos colexios entraban, un por un, na Ribeira de O Berbés. Desfilaron polo Casco Vello, máis de 1.700 nen@s, pertencentes a 34 colexios da nosa cidade, ¡os mellores do mundo! que dixo o Alcalde. Desfrutaron da música, do teatro, dos tambores a todo trapo, da chocolatada, para conmemorar a expulsión do exercito francés fai 215 anos.
Celebramos a festa, o encontro, a nosa historia e tradición.