Concurso Día de Europa

VII CONCURSO EUROPA


A Célula Europa do CPR Maristas “El Pilar” organiza esta sétima edición do Concurso de Fotografía “Salva Europa”.


1. BASES DO CONCURSO:
a. Poderán participar todos os alumnos/as matriculados no centro de:
- Educación Secundaria Obrigatoria (ESO)
- Educación Primaria. Neste caso poderán ser axudados ou guiados polas familias.
b. O concurso seguirá a liña dos traballos da Feria Fusión, relacionándoos coa situación en Europa das mesmas:
i. Primaria:
1º: solucións de reciclado en diferentes países Europa
2º: animais en perigo de extinción Europa
3º: impacto negativo nos bosques a nivel europeo
4º: impacto ambiental dos plásticos a nivel europeo
5º: solucións de enerxía renovable nos diferentes países Europa
6º: solucións tecnolóxicas nos diferentes países Europa
i. Secundaria:
• Salva Europa: medio ambiente, reciclaje, impacto energético, solucións tecnolóxicas.
• Persona influyente a nivel europeo
c. O estilo utilizado para presentar o traballo será:
i. Primaria: Comic, dibujo, serie de fotos
ii. ESO: Novela gráfica/ corto, serie de fotos
d. Os traballos entregaranse en formato dixital.
e. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos.
f. Admítense fotomontaxes.
g. As fotografías pasan a ser propiedade do Colexio, que se reserva o dereito para empregalas nas redes sociais colexiais, revista ou dos xeitos que considere oportunos.

2. PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS:
a. Cada participante poderá presentar un único traballo.
b. Presentaranse vía correo electrónico no enderezo celula.europa@maristasvigo.es
c. Os traballos deberán ter un título que non inclúa o nome do autor , este deberá especificarse no email (nome, apelidos, curso e etapa)
O campo “ Asunto” debe cubrirse con : CONCURSO EUROPA 2018-19

3. DATAS:
a. O prazo de presentación ábrese o día 6 de Maio e remata o día 31 de Maio.
b. As votacións realizaranse por parte dos membros que forman o equipo de Célula Europa.
c. Os premios serán entregados o día 7 de xuño, coincidindo coa Feria Fusión. Producíndose a exposición dos proxectos gañadores en dita Feria.
4. XURADO E PREMIOS:
a. Establécense tres premios por etapa, outorgados pola AMPA do Colexio para os alumnos
1º PREMIO: 50€ e ampliación da fotografía
2º PREMIO: 30€.
3º PREMIO: 20€.
Tarxetas prepago de FOTOTIENDAS para os gañadores.
Colabora AMPA e FOTOTIENDAS

Categoría: