Letras Galegas 2019

Co gallo das Letras galegas 2019, o equipo de Normalización Lingüística do noso colexio organizou unha serie de actividades relacionadas coa nosa fala e a nosa cultura. Unha exposición que recolleu catro dos mais importantes momentos da vida dos nosos paisanos non hai moito tempo: os momentos a carón das lareiras, os entroidos tradicionais galegos, o traballo nas leiras e as festas grandes nos pobos e aldeas. Tivemos talleres de xogos tradicionais feitos artesanalmente. Aprendemos a tocar a pandeireta e tamén a dar uns pasos de baile galego. Houbo troula, con xogos e música e achegámonos as nosas tradicións. Este ano as letras Galegas celebráronse por todo o alto no noso cole. Moitas grazas os profes e alumnos, e asociacións externas que se implicaron nestas actividades e que aportaron para que todos puidésemos desfrutar.

 

Categoría: