A través dos vosos fillos recibiredes un código de acceso para realizar a enquisa enviada pola Xunta de Galica «Diagnose e seguimento da convivencia escolar».
Apertura da enquisa do 12 ao 29 de Abril (ambos incluídos)
Enlace para realizar a enquisa: https://www.edu.xunta.gal/convfamil
Este será o modelo de carta que recibiredes:
Estimada familia:
De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.
Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual.
A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.
As familias que desexen participar teñen que cubrir unha enquisa por cada centro no que teña matriculado algún fillo ou filla, independentemente do número de nenos e nenas que cursen estudos no mesmo centro.
A súa opinión é moi importante e valiosa para mellorar a convivencia escolar polo que lle solicitamos que preste atención e responda con responsabilidade.
Moitas grazas pola vosa colaboración.