DE QUE SE TRATA?
Nutrifriends polo Planeta é un proxecto integral que une gastronomía, nutrición e educación co fin de mellorar a alimentación e a saúde dos nosos nenos e nenas ao tempo que achegamos o noso gran de area ao coidado do planeta, contribuíndo á diminución da pegada de carbono.
Mira aquí o video Sergio Fernández
XORNADAS GASTRONÓMICAS E CHEAS DE PROTE VEXETAL!
Periodicamente, celebrarase unha xornada gastronómica con baixa pegada de carbono e hídrica e fomentando maior protagonismo ás proteínas vexetais. Ensinaremos aos pequenos e pequenas, a través de actividades, a importancia de coidar e respectar o planeta.
NUTRICIÓN
POR QUE APOSTAMOS POLA PROTE VEXETAL?
Unha alimentación que prioriza as proteínas vexetais, ademais de axudar ao planeta, ten múltiples beneficios para a nosa saúde. Un padrón alimentario onde as froitas, verduras, legumes, cereais e froitos secos son a base da nosa dieta axúdanos a aumentar a diversidade de nosa microbiota intestinal reforzando así o noso sistema inmunitario.
Existen produtos de orixe vexetal que nos proporcionan proteínas completas do mesmo modo que a carne, o peixe ou os ovos. A proteína completa é aquela que contén todos os aminoácidos necesarios para que se forme unha proteína con todas as súas características. Garavanzos, feixóns brancos, quinoa, soia e pistachos son algúns deles. Outros legumes, como a lentella e o feixón vermello, deben complementarse ao longo do día con algún cereal, como por exemplo o arroz.
O noso Departamento de Nutrición e Dietética garante que estas xornadas gastronómicas sigan este padrón alimentario para garantir todas as achegas nutricionais que os nenos necesitan.
GASTRONOMÍA
As nosas receitas sometéronse a un proceso de probas previo para que, ademais de seren nutritivas, sexan ricas e saborosas.
Os nosos expertos xefes de cociña, da man do coñecido xefe de cociña Sergio Fernández, foron os encargados de desenvolver cada unha das receitas que posteriormente foron catadas polos mellores críticos gastronómicos que podemos ter para darnos o seu veredicto final: os nosos nenos e nenas.
EDUCACIÓN
Un dos piares fundamentais do proxecto é súa parte educativa, creada xunto co noso Departamento de Innovación Pedagóxica.
Cada unha das xornadas gastronómicas de Nutrifriends polo Planeta irá acompañada de actividades dirixidas polos nosos monitores para aprender de forma lúdica a importancia da sostibilidade e o respecto polo planeta.