O noso centro educativo foi seleccionado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia para participar na implementación do Programa YAM (Youth Aware of Mental Health), destinado á promoción e sensibilización sobre a saúde mental na mocidade.
O programa está cofinanciado ao 95% polo Fondo Social Europeo+ (FSE+), polo que non supón ningún custo para o alumnado.
- Información sobre o programa
- Finalidade: promover no alumnado a reflexión, a prevención e o coidado da saúde mental.
- Información ampliada: No
FOLLETO INFORMATIVO sobre o programa facilitado pola Xunta de Galicia.