Indicaciones y calendario.
O calendario e horario de exames (presencial ou on line) será o seguinte
Por se houbese algunha modificación ao respecto debido á evolución da crise sanitaria provocada pola COVID-19, o alumno e a súa familia deberán estar atentos durante a última semana do mes de agosto, á páxina web do centro, a plataforma colexial ou correo corportativo do alumno onde se publicarán as posibles modificacións.
Por se as probas fosen on line, os alumnos deben de estar dados de alta no grupo de google classroom
2.- Para realizar as devanditas probas teñen que presentarse no día e na hora (presencial ou on line) indicada con:
• O traballo realizado (seguindo as indicacións de cada profesor).
• Material que poidan necesitar para realizar o exame (folios, bolígrafos, calculadora, regra, dicionario…) no caso de que a proba sexa presencial.
• O LIBRO DE TEXTO SE É BENEFICIARIO DO PROGRAMA DE GRATUIDADE.
3.- Entregaremos ou publicaremos (en función da evolución da crise sanitaria) as notas, o venres 4 de setembro, ás 13:30 horas.
4.- O luns 7 de setembro as familias poderán entrevistarse cos profesores e/ou titores de 11:00 a 13:00 horas.
5.- Os alumnos que teñen materias pendentes do curso anterior, farán o exame correspondente seguindo o calendario previsto, examinándose primeiro da materia pendente e logo da do ano actual. A efectos de promoción, as materias pendentes contan igual cás outras.