Fin del 1º trimestre y comienzo del 2º.
FIN DO PRIMEIRO TRIMESTRE-VACACIÓNS DE NADAL
Estimadas familias:
Antes de iniciar as vacacións do Nadal, trasladámosvos as seguintes informacións de datas que son de interese:
– As vacacións de Nadal comezan o día 20 venres. Esa tarde non haberá clase para os nenos e nenas de Infantil e
Primaria, polo que poderán ser recollidos na saída ordinaria da mañá ou despois do comedor e antes das 15:30h.
Os alumnos da ESO finalizarán a xornada escolar ás 13:00h, a súa saída será de forma gradual en intervalos de 10
minutos, sendo as primeiras as clases de 4º ESO e as últimas as de 1º ESO .
– Tampouco haberá actividades extraescolares nesa tarde, manténdose as da mañá de xeito ordinario.
– O venres 2O entregaranse as cualificacións da primeira avaliación en todas as etapas educativas.
– O regreso das vacacións está fixado pola Consellería de Educación e Cultura para o día 8 de xaneiro no horario
habitual.
Que esta comunicación tamén exprese o noso desexo de un Bo Nadal e un Ano Novo cheo de Luz para
todas as nosas familias.
O Equipo Directivo.